viernes, 31 de agosto de 2007



No pongo esto para defender al nacionalismo español,del cual me declaro enemigo, lo pongo para criticar cualquier sentimiento nacionalista exagerado, algo que no me gusta nada de nada....pero ni el uno ni el otro.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Totalmente de acuerdo, ni patrias, ni banderas, ni fronteras.

Anónimo dijo...

Más de acuerdo, imposible... "ni el uno ni el otro"

amarante dijo...

Perfecto, está ben sempre vestir ao lobo de cordeiro e non diferenciar o opresor do oprimido.

E eu non teño un Estado que preserve a miña identidade...

Cando haxa un Estado galego tamén direi ¡abaixo as bandeiras, fóra as fronteiras e fóra as patrias!

Mágoa que certa xente caia no argumento sinxelo que o propio nacionalismo español quere inxectar para desvirtuar lexítimas aspiracións dun grupo de persoas que, baseándose en criterios historicos e funcionais, desexan vivir nun novo marco de convivencia.

"Nin uns, nin outros nin..."

Perfecto, deixemos que a globalización remate con nós.

amarante dijo...

(Xosé Mexuto, sobre Cidadáns de Catalunya). Ven moi ao caso

É un vello truco do opresor aparecer vestido coas ropaxes do oprimido: o verdugo dá un chouto ao palco e finxe ser a vítima da representación. É tamén unha coñecida trapela negar as razóns da opresión: non hai nacións, non hai pobos, só hai cidadáns, só hai individuos, como nas películas de Clint Eastwood, sálvese quen poida.

Parafraseando a Woody Allen (autor da memorábel frase “eu non sei se Deus existe, mais intenta localizar un fontaneiro un sábado á noite en Manhattan”), o que teño de dicer é que non sei en que consiste a opresión sobre o español en Catalunya, mais se estás en Barcelona intenta ver a última película de Martin Scorsese en catalán, pergúntate por que Quim Monzó ten que renunciar a súa lingua para publicar en La Vanguardia ou imaxina en que idioma se expresan os grandes oligarcas da cidade (os amigos de Vidal Quadras e aparentes críticos de Piqué).

Ciutatans é, pois, unha nova estrataxema dos que pretenden a perpetuación do statu quo en Catalunya e entronca á perfección coa ideoloxía aparentemente desnacionalizadora do sistema. Quérsenos vender como moderno un culto ao individuo que é un trazo xenético do pior irracionalismo, o que levou a que todo un pobo se entregase ao führer. O que nos di a razón é que o catalán retrocede, perante a presión da globalización imperial, lembremos a Pujol incapaz de conseguir das multinacionais do sector que Indiana Jones falase catalán na grande pantalla (Indiana só fala a lingua de Nebrija). O que nos di a razón é que só coa inmersión lingüística o catalán ten algunha opción de non desaparecer do mapa. Algunha opción, non todas. Non desaparecer do mapa, ese é todo o obxectivo dos nacionalistas cataláns. Demasiado obxectivo para os individualistas Francesc Carrera e Arcadi Espada.

Ciutatans é tamén unha expresión posmoderna do lerrouxismo: aquí tamén a padecimos co esperpéntico Vázquez na Coruña e continuamos a padecela cos seus epígonos, algún dos cais aínda flirtea coa idea de eliminar a toponimia orixinaria do país.

Ciutatans son ademais uns comediantes, non estraña a lideranza que sobre eles exerce Albert Boadella, porque debaixo de toda a súa faramalla individualista e anti-identitaria si latexa a adhesión a unha nación. A española, por suposto. Unha nación que ademais se concibe como unha entidade eterna, intemporal, como unha deidade que precede a todo e que sobrevivirá a todo.

Estes individualistas adoran unha nación que só existe nas súas mentes, a mesma ensoñación mítica que cantara José Antonio Primo de Rivera no seu discurso da Comedia, a da unidade indisolúbel da Constitución española. Así son estes posmodernos: un chisco de Lerroux, un chisco de José Antonio, un chisco do embaixador do Vaticano, un editorial de Pedro Jota, o último alegato progolpista de Jiménez Losantos e a continuar coa representación mentres os verdadeiramente oprimidos continúan unha miga atordoados e algo intoxicados polo pensamento único. Mais esa é outra historia.

Anónimo dijo...

eu non necesito un estado para preserva-la miña identidade e moito menos alguen que me diga q teño q saber de memoria o himno de calquera lugar.

amarante dijo...

Viva a demogoxia do tema do Himno. Señores, volo di un xornalista, primeiro infórmense das declaracións do señor Vicepresidente.

NOTA:LER EL MUNDO NON É INFORMARSE, É INTOXICARSE.

Miguel dijo...

Xa se me revoluciona o galiñeiro...XD